"Outra iniciativa posta en marcha polo club foi darlle unha maior cantidade de prestacións e facilidades aos nosos abonados. A partir de agora xa non será necesario acudir ás oficinas do club santiagués para retirar o abono. Todo poderase facer desde a páxina web do club, desde a introdución de datos até o pago (a través dun novo TPV virtual ou mediante unha transferencia bancaria). Unha vez formalizada a reserva, o interesado poderá recoller o seu carné nas oficinas do club Lobelle de Santiago FS ou ben nos despachos de billetes do pavillón os días nos que o club santiagués xogue como local.
Se se prefire o método tradicional, todos os que queiran facerse abonados do A. Lobelle de Santiago FS poden achegarse a partir de mañá xoves 3 de setembro, en horario de oficina (10:00-13:30 e 17:00 - 20:00), ás oficinas que o club ten no Multiusos Fontes do Sar e facerse abonado do A. Lobelle de Santiago FS.
O pago do carné na oficina pode realizarse mediante pago en efectivo, a través do TPV virtual que o club ten na súa web (www.autoslobellefs.com) ou a través dun ingreso en conta no Banco Popular (0075 - 0396 - 78 - 0500066072). No caso de elixir a segunda opción ao ir solicitar o teu carné tes que presentar o resgardo do pago pondo o teu nome no asunto do mesmo, ou ben envialo previamente por FAX ás oficinas do club.