Como facerse abonado
Para facer chegar a toda a comarca de Santiago a nosa proposta o A. Lobelle de Santiago FS puxo en marcha a campaña "Baixan vos prezos. Aumenta a Ilusión" coa que se quere reflectir que mentres que as tarifas redúcense considerablemente, prodúcese unha aumento da ilusión e o compromiso duns xogadores, corpo técnico e directiva que darán todo por volver enganchar á nosa afección. Esta campaña terá ademais un colaborador moi especial: Cenor Compostela, un dos principais
patrocinadores do club que soubo crecer ao mesmo ritmo que o equipo. Do mesmo xeito que as promesas do Lobelle de Santiago, Cenor deu o salto ao primeiro equipo e decidiu premiar a todos os abonados do club con grandes agasallos e vantaxes nas súas tendas. Todos aqueles que retiren o seu abono recibirán un agasallo de Cenor Compostela e un cartón de afiliación con 50 puntos de poderaos dispor nada máis activar o seu cartón nas tendas Cenor Compostela.

|